Top

Kamel F. Ghilas nova fichaxe do Celta

July 12, 2008 by lomasrevigo 

Este é o nome do novo dianteiro do Celta, ten 24 anos, nacionalidade francesa, e procede do Vitoria de Guimaraes onde xogou as duas últimas tempadas nos que conseguiu o ascenso á Primeira división no primeiro ano  e no seguinte o 2º posto da liga Lusa. Firmou polas 3 vindeiras tempadas e será presentado nos vindeiros dias.

Convén suliñar que no seu dia estivo interesado nel o Arsenal.

guilas

Comments

3 Responses to “Kamel F. Ghilas nova fichaxe do Celta”

  1. lomasrevigo on July 12th, 2008 5:05 pm

    Este é o meu primer post se ten algun erro disculpademo, prometo mellorar nos seguintes.

    P.D. non parece mala fichaxe este home tendo en conta que o Arsenal andivo trala sua fichaxe, ainda que tamén lembrome de Quincy e o seu pasado londinense.

    HALA CELTA

  • serxio on July 13th, 2008 9:24 pm

    non o coñezo, quincy e moi bo pero a sua actitude fai que este ano continue xogando en Rusia.

    Este xogador foi un dos mellores na ultima tempada, clasificando o seu equipo para a previa da champions.

    Apunta lonxe, recordando que foi gratuito e ben por tres anos a un equipo qe non pode fichar o que quere.

  • kikinho_gz on July 14th, 2008 1:57 am

    A priori ten moi boa pinta o arxelino. Con Trashorras e Abalo xa comeza a coller forma a parte atacante do equipo.

    P.D. Grande Jorge!!

  • Esperamos a túa opinión...¡Comenta!
    e se queres amosar unha imaxe ao carón do teu comentario, consigue unha ou sube a túa en gravatar!





    Bottom