Lista de convocados Huesca - Celta
O adestrador do Real Club Celta, Pepe Murcia, facilitou esta mañá a lista de convocados para o partido deste domingo ante o Huesca (O Alcoraz, 17.00 horas), unha convocatoria de 18 futbolistas na que non figuran por decisión técnica Fabiano, Danilo, Lucas e Roberto Lago. Borja Oubiña é baixa por lesión e é tamén salientable a volta de Maris despois de dous partidos sin sequera ir convocado.
Asi pois esta é a lista:
Porteiros: Falcón e Notario
Defensas: Peña, Rubén, Noguerol; Fajardo, Edu Moya.
Medios: Rosada,Trashorras, Michu, Vila, Abalo, Óscar Díaz e Renán
Dianteiros: Ghilas, Maris, Dinei, e David
Celta 2 - 1 Tenerife

Chegaron os primeiros goles, o primeiro triunfo, a primeira alegría. O Celta derrotou ao Tenerife con dous goles de Ghilas e sacudiuse de golpe as dúbidas e os temores que o torturaban desde o comezo da competición. Os celestes protagonizaron un bo arranque de partido e logo de baleiraron en labores de contención, cun sacrificio e un despregamento físico enormes. Os de Pepe Murcia recibiron ademais o firme apoio da súa afección para superar os momentos de dificultade.
O Celta plantouse de entrada nun partido marcado no ánimo do vestiario como o do rexurdir con Óscar Díaz en banda esquerda, Ghilas no costado dereito e Trashorras de enganche, unha liña de creación de gran mobilidade e capacidade de perforación.
Le a noticia »
Lista de Convocados: Celta - Tenerife
Pepe Murcia fixo publica a lista de convocados para o partido do vindeiro domingo en Balaídos, a xa coñecida baixa de Oubiña por lesión hai que engadir tamén as de: Fabiano, Danilo, Lucas e a sorprendente de Maris posto que este último apuntaba a titularidade polo visto esta última semana, tamén convén sinalar a volta de Roberto Lago logo de dúas xornadas fora das convocatorias por decisións técnicas, e tamén a de Trashorras logo da exclusión da pasada semana.
Asi pois a lista de convocados e a seguinte:
Porteiros: Notario e Falcón
Defensas: Lago, Rubén, Noguerol, Peña, Fajardo e Moya
Medios: Rosada, Trashorras, Oscar Díaz; Michu, Vila, Abalo e Renán
Dianteiros: Ghilas, David e Dinei
Murcia non o ten claro
O técnico cordobés Pepe Murcia semella todavía non ter un once tipo e non saber o esquema a emplear. Ata o de agora, un total de 20 xogadores, dos 23 que compón o plantel celeste, participaron nestas catro primeiras xornadas de Liga. Tan só Falcón, o “indultado” George Lucas e o mancado Oubiña non xogaron ningún minuto. No outra cara da moeda están Notario, Edu Moya e Rubén que xogaron todolos minutos.
Por outra banda, segue a sorprender a escasa utilización de algúns xogadores como Michu, Danilo (o único xogador específico de banda esquerda) ou Verpakovskis (máis tendo en conta a falta de gol nestas primeiras xornadas e que chegou como unhas das fichaxes estrelas). Esperemos que Murcia atope cedo o seu “once tipo” e o equipo comece acadar uns resultados máis positivos.
Eibar 0 - 0 Celta

O Celta estreou o seu casilleiro cun deslucido empate en Ipurúa ante o combativo Eibar. Un punto que frea a escalada de terror na que o equipo convertera o arranque ligueiro pero que non despexa en absoluto as desasosegantes dúbidas que se ciernen sobre o grupo que dirixe Pepe Murcia, que volveu ofrecer unha imaxe lastimosa. Tan só a solidez de Notario, que salvou ao equipo con dous formidables estiradas no segundo tempo, impediu que o equipo vigués encadease unha cuarta derrota. Porque o Eibar puxo a ambición e o xogo e o Celta, privado de talento por decisión técnica, apelou ao músculo como vía de redención. Se non podes gañar, o mellor é non perder e con esta idea expuxo Murcia un partido no que a melloría defensiva non enmascara os colosais problemas deste equipo á hora de dar sentido ao xogo e a súa alarmante falta de pegada: catro partidos, cero goles. Le a noticia »
Trashorras queda fóra da convocatoria
Sorpresa maiúscula en Casa Celta. O adestrador do Celta, Pepe Murcia, pechou de callo os rumores e polémicas surxidas ao longo da semana en torno ao mediapunta Roberto Trashorras e deixouno fóra da convocatoria. O adestrador celeste deixou tamén fora da lista a Roberto Lago (sorpresa menor) e George Lucas.
A lista de convocados para o partido de Eibr é a seguinte:
- Porteiros: Falcón e Notario.
- Defensas: Peña, Rubén, Fajardo, Noguerol, Fabiano e Edu Moya.
- Centrocampistas: Rosada, Danilo, Óscar Díaz, Vila, Michu, Abalo e Renán.
- Dianteiros: Ghilas, David Rodríguez, Verpakovskis e Dinei.
Clásico na Copa do Rei, Celta - Real Sociedade
O sorteo da terceira rolda da Copa do Rei deparou un partido grande, un choque que desde fai uns anos adquiriu unha dimensión diferente, a condición de encontro especial. O 8 de outubro, o Real Club Celta recibirá no estadio de Balaídos á Real Sociedade nunha rolda de torneo que se disputa aínda a partido único. O técnico céltico Pepe Murcia destacou a relevancia deste partido entre dous grandes equipos e por suposto celebrou que o escenario sexa Balaídos.

Pepe Murcia sinalou que “como en calquera outro partido, intentaremos gañar, sairemos con esa intención” e reiterou que o Celta “competirá” na Copa do Rei, torneo que non desdeña en absoluto. O adestrador cordobés subliñou que se trata dun encontro moi complicado dado o potencial do rival, pero insistiu en que os seus porán todo o seu empeño en superar a eliminatoria, que afrontan con ilusión e coa idea de ofrecerlle unha vitoria balsámica á súa afección.
Arenteiro 0 - 4 Celta

O Celta ofreceu un bo espectáculo en Carballiño no amigable organizado para a celebración do 50 aniversario do C.D. Arenteiro. Pepe Murcia deulle de entrada protagonismo aos non habituais, que gozaron de minutos de xogo nun partido que acabou con goleada celeste e rexistrou un bo ambiente na poboada bancada do Espiñedo. David, Verpakovskis, Renán e Dinei foron os anotadores.
Máis Celta
O partido da sétima xornada de Segunda División entre Elche Club de Fútbol e Real Club Celta disputarase...
Os administradores concursales xa recibiron a comunicación por parte do Celta da intención do consello...
Ghilas volverá coa súa selección
Kamel Ghilas deberá ausentarse de Vigo durante uns días en outubro polos compromisos internacionais...
Celta B
Deportivo B 1 - 1 Celta B
O Celta B logrou un valioso punto no Mundo do Fútbol ante o Deportivo B nun partido intenso e igualado...
O Celta B perdeu por primeira vez nesta tempada ao caer por 1-2 ante o Real Unión de Irún. O encontro...
Outros galegos
Cando todo parecía indicar a marcha de Ezequiel Mosquera para o Katiusha ruso as negociacións deron...
David García fai xustiza
Se onte falabamos do sensacional momento polo que está a pasar o Xacobeo Galicia, hoxe conseguiron refrendalo....
Máis en TodoCelta
Lista de convocados Huesca - CeltaO adestrador do Real Club Celta, Pepe Murcia, facilitou esta mañá a lista de convocados para o partido deste domingo ante o Huesca...
Elxe - Celta por LocaliaO partido da sétima xornada de Segunda División entre Elche Club de Fútbol e Real Club Celta disputarase o domingo 12 de outubro...
Deportivo B 1 - 1 Celta BO Celta B logrou un valioso punto no Mundo do Fútbol ante o Deportivo B nun partido intenso e igualado no que os de Alejandro Menéndez...
Celta 2 - 1 TenerifeChegaron os primeiros goles, o primeiro triunfo, a primeira alegría. O Celta derrotou ao Tenerife con dous goles de Ghilas e sacudiuse...
Mosquera e David García moi preto da renovaciónCando todo parecía indicar a marcha de Ezequiel Mosquera para o Katiusha ruso as negociacións deron un xiro de 180 graos, todo ven...
Lista de Convocados: Celta - TenerifePepe Murcia fixo publica a lista de convocados para o partido do vindeiro domingo en Balaídos, a xa coñecida baixa de Oubiña por...
O Celta comunica o seu desexo de mercar a sé de Praza de EspañaOs administradores concursales xa recibiron a comunicación por parte do Celta da intención do consello de administración de comprar...
Ghilas volverá coa súa selecciónKamel Ghilas deberá ausentarse de Vigo durante uns días en outubro polos compromisos internacionais co seu país de orixe que o obrigarán...
Murcia non o ten claroO técnico cordobés Pepe Murcia semella todavía non ter un once tipo e non saber o esquema a emplear. Ata o de agora, un total de...
Eibar 0 - 0 CeltaO Celta estreou o seu casilleiro cun deslucido empate en Ipurúa ante o combativo Eibar. Un punto que frea a escalada de terror na...
Trashorras queda fóra da convocatoriaSorpresa maiúscula en Casa Celta. O adestrador do Celta, Pepe Murcia, pechou de callo os rumores e polémicas surxidas ao longo da...
Celta B 1 - 2 IrúnO Celta B perdeu por primeira vez nesta tempada ao caer por 1-2 ante o Real Unión de Irún. O encontro caracterizouse pola igualdade...
Clásico na Copa do Rei, Celta - Real SociedadeO sorteo da terceira rolda da Copa do Rei deparou un partido grande, un choque que desde fai uns anos adquiriu unha dimensión diferente,...
Arenteiro 0 - 4 CeltaO Celta ofreceu un bo espectáculo en Carballiño no amigable organizado para a celebración do 50 aniversario do C.D. Arenteiro....
Vicente, o eterno capitánHoxe no retorno da sección de Mitos Celestes o protagonista é un dos grandes mitos dos 80 e principios dos 90, Vicente. Foi, sen...
David García fai xustizaSe onte falabamos do sensacional momento polo que está a pasar o Xacobeo Galicia, hoxe conseguiron refrendalo. O ciclista galego,...
Mosquera e o Xacobeo Galicia brillan na VueltaO ciclista galego Ezequiel Mosquera protagonizou hoxe unha escepcional etapa ao deixar de roda no derradeiro porto de montaña a favoritos...
Pepe Murcia está “bastante preocupado”O adestrador do Celta, Pepe Murcia, mostrouse “bastante preocupado” por non atopar aínda a vitoria nas tres xornadas de...
A Televisión da VerGoña (TVG)O atropelo acaecido este pasado sábado durante a retransmisión do partido Celta - Nástic por parte da TVG é intolerable. Por se...
Ponferradina 1 - 1 Celta BO Celta B coseitou un valioso punto na súa visita á Deportiva Ponferradina nun partido que comezaron gañando os locais tras un penalti...
Celta 0 - 2 NásticO Celta encadea a súa terceira derrota consecutiva e suma xa 270 minutos sen estrear a súa marcadora goleadora. O fútbol detesta...
Lista de convocados: Celta - NásticA única baixa por parte do Celta é a de Borja Oubiña que segue recuperandose da lesión que sufriu na Premier. Ismael Falcón FALCÓN ...
Previa: Celta - NásticHoxe en Balaídos daranse cita dous equipos que destacan polo mal comezo de tempada. Os dous xóganse máis que tres puntos, esta...
O Eibar - Celta será o domingo 21 as 18:00 horasO encontro entre Eibar e o Celta de Vigo terá lugar o domingo 21 as seis da tarde sendo o primer encontro dos celestes que non televisa...
Rubén merece ser o novo capitán?O central de 23 anos que fai este ano o seu segundo curso en Vigo é o capitán deste Celta .A súa corta idade acompañada negativamente...








